PROTOCOLO DE COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA ENTRE A ASSOCIAÇÃO TÊXTIL E

2 AGRES 2262 (XXXVIIO07) PROTOCOLO DE
!DOCTYPE HTML HTML LANGES XMLNSOGHTTPOPENGRAPHPROTOCOLORGSCHEMA XMLNSFBHTTPWWWFACEBOOKCOM2008FBML HEAD META CHARSETUTF8
( LOGOTIPO DA INSTITUIÇÃO ESTRANGEIRA) PROTOCOLO DE INTENSIONES

02 PROTOCOLOS DE ACTUACIÓN DE EMERGENCIAS (PAS) NOMBRE FECHA
11.%20Protocolo%20ECM_ConsorciPSMAR_esp
12 VERSIÓN 10 (SEPTIEMBRE 25) PROTOCOLO PARA LA ELABORACIÓN

PROTOCOLO DE COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA ENTRE

PROTOCOLO DE COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA ENTRE A ASSOCIAÇÃO TÊXTIL E PROTOCOLO DE COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA ENTRE A ASSOCIAÇÃO TÊXTIL E PROTOCOLO DE COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA ENTRE A ASSOCIAÇÃO TÊXTIL E PROTOCOLO DE COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA ENTRE A ASSOCIAÇÃO TÊXTIL E PROTOCOLO DE COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA ENTRE A ASSOCIAÇÃO TÊXTIL E



PROTOCOLO DE COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA

ENTRE A ASSOCIAÇÃO TÊXTIL E VESTUÁRIO DE PORTUGAL

E A COINTEGA-CLÚSTER GALLEGO TÉXTIL MODA-

CONFEDERACIÓN DE INDUSTRIAS TÉXTILES DE GALICIA

E A COMUNIDADE DE TRABALLO GALICIA-NORTE DE PORTUGAL




En Vigo, na sede da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal, a 18 de xullo de 2014.


REUNIDOS


A Asociación Téxtil e Vestiario de Portugal (ATP), representada polo seu Director Xeral, Paulo Vaz.


O Clúster Gallego Téxtil Moda – Confederación de Industrias Téxtiles de Galicia (COINTEGA), representado polo seu Secretario Xeral, Alberto Rocha.


A Comunidade de Traballo Galicia – Norte de Portugal, representada por don Alfonso Rueda Valenzuela, Vicepresidente da Xunta de Galicia.


A Comunidade de Traballo Galicia – Norte de Portugal, representada por don Carlos Neves, Vice-Presidente da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte de Portugal (CCDR-N).


E recoñecéndose mutuamente a representación das súas respectivas institucións, por conta das cales actúan,


MANIFESTAN:


Que a cooperación transfronteiriza é un instrumento válido para lograr unha unión máis estreita entre os cidadáns europeos.


Que a desaparición das fronteiras interiores da Comunidade Europea sitúa aos cidadáns da área transfronteiriza nunha posición de especial relevancia no proceso de vertebración da Unión Política Europea.


Que a nosa resposta ao reto do Mercado Único Europeo e ao incerto futuro que se nos aveciña obríganos a mirarnos fronte a fronte e cooperar unidos.


Que ambas asociacións de empresas teñen importantes intereses comúns na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal e xuntas poden conformar un espazo único, capaz de xerar as sinerxías necesarias para a creación dun polo de referencia capaz de atraer as poboacións da súa contorna.




Que a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, constituída o 31 de outubro de 1991 entre a Xunta de Galicia e a Comisión de Coordinación da Rexión Norte de Portugal, é unha institución que ten como finalidade favorecer unha dinámica de xuntanzas regulares entre Galicia e o Norte de Portugal para tratar asuntos de interese común no eido da cooperación transfronteiriza, formular propostas de cooperación entre as entidades que a integran, preparar estudios, plans, programas e proxectos nos que se concerten actividades conxuntas; promover formas de relación entre estruturas, axentes e entidades públicas e privadas interesadas, que poidan contribuír ao desenvolvemento da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, ofrecéndolles un marco permanente de encontro e colaboración; impulsar a creación de organismos de cooperación transfronteiriza e, no seu caso, establecer mecanismos de cooperación entre estes e a Comunidade de Traballo, ben directamente, ben a medio da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal (GNP,AECT), creada en 2008 pola CCDR-N e a Xunta de Galicia.


Que tendo en conta que a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, con experiencia en todos os ámbitos relacionados coa cooperación transfronteiriza, posúe un singular interese no achegamento de ambas asociacións de empresas que comparten nexos lingüísticos, económicos, sociais e industriais, o presente protocolo quedaría baixo o amparo da devandita Comunidade de Traballo, con vistas a incrementar a súa colaboración para a construción dun espazo eurorrexional integrado.


A “ATP – Associação Têxtil e Vestuário de Portugal”, con sede na Rúa Fernando Mesquita, nº. 2785, Edificio do Citeve, 4760-034 Vila Nova de Famalicão, Portugal, e “COINTEGA – Clúster Gallego Téxtil Moda – Confederación de Industrias Téxtiles de Galicia”, con sede en PTL Valladares, Edificio Dotacional, Oficina B-3, 36315 Vigo, Pontevedra, España, son asociacións de dereito privado que representan, nos respectivos países, un elevado número de empresas, representativas da grande importancia que o Sector Téxtil e da Moda ten na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.


A “ATP” e “COINTEGA” teñen como obxectivo, entre outros, promover a cooperación e o intercambio de ideas e informacións, en todos os ámbitos posibles, así como o fomento da libre actividade empresarial.


A “ATP” e “COINTEGA”, conscientes do momento decisivo que o comercio internacional do sector está a atravesar e da nova orde global que lle está asociada, entenden como indispensable o incremento das máis diversas formas de asociación e partenariado para enfrontarse a ela e procurar beneficio, tendo por modelo as especificidades, vantaxes e complementariades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal onde os respectivos tecidos empresariais que representan están inseridos.







A “ATP” e “COINTEGA” desenvolverán ao longo de catro anos, en base a financiamentos POCTEP – Programa Operacional de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, denominados “EuroClustex” e “EuroClustex+”, aplicados e levados a cabo por ambas institucións, intensos contactos, que traducidos en reunións, visitas de traballo, seminarios e participacións en mostras especializadas dos respectivos sectores, tanto en Portugal como en Galicia, así como noutros territorios europeos, estreitando así os lazos institucionais, as relacións persoais e o clima de confianza mutuo, indispensable para reforzar a cooperación.


A “ATP” e “COINTEGA” en referencia ao punto anterior pretenden continuar de forma aínda máis estruturada e eficaz esa relación, coa construción dunha plataforma de colaboración, consubstancial neste entendemento e que se pode designar, a partir de agora, como “Plataforma Luso-Galaica para o Desenvolvemento do Clúster Téxtil Moda”.


En consecuencia, deciden asinar un protocolo de cooperación transfronteiriza que versará sobre os seguintes puntos:



  1. INTERCAMBIO DE INFORMACIÓNS


  1. Troco de publicacións periódicas de cada unha das Asociacións que asinan.

  2. Troco de datos e informacións estatísticas nacionais ( Portugal / España ), con especial enfoque na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

  3. Troco de informacións sobre oportunidades comerciais e oportunidades de negocios.



  1. ACCIÓNS DE COOPERACIÓN E PARTENARIADO ENTRE EMPRESAS


  1. Apoio e promoción de misións empresariais en ambos países.

  2. Promoción e creación de eventuais redes de cooperación entre empresas portuguesas e galegas.

  3. Intercambio de experiencias e promoción de participacións en eventos de moda, entre estilistas/deseñadores portugueses e galegos.

  4. Promoción de contactos e visitas entre empresas do sector.

  5. Realización de Xornadas de Negocios e facilitación recíproca de participacións nas feiras promovidas, organizadas ou apoiadas polas entidades reciprocamente.





  1. APOIO TÉCNICO


  1. Intercambio de informacións e experiencias en diversas áreas técnicas – Ambiente, Asuntos Sociais, Fiscalidade, Política Comercial e Promoción das Exportacións.

  2. Intercambio de experiencias na área Tecnolóxica e da Innovación, especialmente a través dos centros de competencias dedicados ao sector en Portugal e en Galicia, con especial interese para o CITEVE, así como na área da formación técnica e tecnolóxica, especialmente a través dos Centros de Formación Profesional Téxtil do Norte de Portugal e de Galicia, así como a promoción de prácticas.

  3. Desenvolvemento dun estudo conxunto, que decorrerá nun plano estratéxico de cooperación entre a Industria Téxtil, Vestiario e Moda portuguesa e galega para o seu desenvolvemento e afirmación global.


  1. ACCIÓNS CONXUNTAS


  1. Divulgación de Feiras, Certames ou Eventos de promoción do Sector.

  2. Promoción das potencialidades de investimento e incremento dos trocos comerciais entre os dous países.

  3. Accións de divulgación dos mercados dos dous países e das respectivas áreas de influencia económica.

  4. Realización dun encontro anual de empresarios dos dous países, que será realizado alternativamente en Galicia e no Norte de Portugal.

  5. Promover accións de fortalecemento nas empresas galegas e portuguesas do Sector, os seus mandos e traballadores, aproveitando as mellores experiencias, metodoloxías e prácticas desenvolvidas polos que asinan ou entidades parceiras na Eurorrexión, con vista a cualificación do capital humano das organizacións e a promoción da competitividade do tecido empresarial de toda a liña común.

  6. Realización de accións comúns en terceiros países, sempre que estivese xustificado.

  7. Presentación de candidaturas conxuntas ao próximo Período de Programación Europeo 2014-2020, especialmente aos programas de cooperación transfronteiriza ou europeos.



  1. VIXENCIA


O presente protocolo ten un prazo de vixencia de 3 anos a contar dende a data da súa sinatura, sendo renovable por igual período de tempo, se non houbese denuncia do mesmo polas partes.




Deste Protocolo foron elaborados dous orixinais,un en versión portuguesa e outro en versión galega, e asinados no lugar e data inicialmente indicados.




O Director Xeral da ATP


O Vice-Presidente da CCDR-N


O Vicepresidente da Xunta de Galicia


O Secretario Xeral de COINTEGA












Paulo Vaz


Carlos Neves


Alfonso Rueda Valenzuela


Alberto Rocha


5

PROTOCOLO DE COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA ENTRE A ASSOCIAÇÃO TÊXTIL E


16 PROTOCOLO PARA LA ELABORACIÓN DE ABONOS ORGÁNICOS PARA
170909go70protocolo
2 PROTOCOLO PARA TEST DE BENDER KOPPITZ (PSIª


Tags: associação têxtil, – associação, entre, cooperación, têxtil, associação, transfronteiriza, protocolo