PROXECTO DE DIRECCIÓN IES AUGA DA LAXE DE GONDOMAR

INFORME PARCIAL DE RESULTADOS DO PROXECTO PROGRAMA
ANTEPROXECTO DA EDAR DA PLISAN PROXECTO DE ACCESO Á
ANTEPROXECTO DE DECRETO 2021 DO DE MARZO POLO

ANTEPROXECTO DE LEI DE CAZA DE GALICIA ÍNDICE TÍTULO
ANTEPROXECTO DE LEI DE INCLUSIÓN SOCIAL DE GALICIA PREÁMBULO
BASES DO PROGRAMA “BUXIGANGA PROXECTO TEATRAL AFECCIONADO 2018” A

PROXECTO DE DIRECCIÓN





PROXECTO DE DIRECCIÓN

IES Auga da Laxe de Gondomar, Pontevedra




Candidato: Prof. Dr. Roberto Vázquez Rozas











ÍNDICE

páxina

INTRODUCCIÓN

3

SITUACIÓN DE PARTIDA

4

OBXECTIVOS XERAIS

7

RETOS PARA A NOVA DIRECCIÓN E LIÑAS DE ACTUACIÓN

8

SISTEMAS DE AVALIACIÓN

12


PROXECTO DE DIRECCIÓN

I E S Auga da Laxe de Gondomar, Pontevedra


Candidato: Prof. Dr. Roberto Vázquez Rozas


INTRODUCCIÓN


O proxecto de dirección debe tentar consolidar un Centro escolar máis adaptado ás necesidades reais do seu alumnado, mediante o análise da situación interna e a localización das oportunidades e ameazas do seu entorno, e reflectirá os obxectivos aos que se espera chegar nos próximos anos.

Pretendemos que a elaboración do proxecto de dirección non sexa un puro trámite burocrático ou un exercicio académico, se non un documento no que se basee a mellora do I E S Auga da Laxe.

O novo modelo de dirección escolar é dependente do paradigma de “calidade”, baseada nun modelo neo-liberal no que xoga un papel fundamental unha dirección interpretada desde posicións e presupostos xerencialistas de eficacia e eficiencia, unha xestión de dirección orientada á satisfacción das necesidades dos seus clientes que ven garantido o seu dereito á educación ao ter igualmente garantido o seu dereito a elixir centro.

Neste novo modelo de dirección escolar advírtese unha imitación das supostas bondades do sistema de dirección propio dunha empresa privada organizada para o lucro e o beneficio económico, o que para nada e coherente e compatible coas características organizativas e culturais dun centro escolar. Estamos falando dunha organización non orientada cara o lucro, na que os beneficios deben valorarse a longo prazo. As súas funcións non poden nunca analizarse en termos de coste-beneficio, se non máis ben de utilidade social.

Por todo esto, o estilo e a práctica da dirección non pode trasladarse, sen máis, de unha organización a outra de características tan diferentes, correndo o risco de vestir un traxe que non axusta. Os obxectivos dunha organización envolven toda a súa estructura e todas as súas actividades, dotándoo de características totalmente diferentes. Non poden ser as mesmas as esixencias derivadas da procura do beneficio, do incremento do valor da empresa, que as que se derivan dunha organización que busca a formación e o desenvolvemento integral da persoa, e que trata de que esta aprenda non só contidos conceptuais, se non tamén que aprenda a ser, a convivir, a participar na sociedade, a respectar o medio ambiente e o seu patrimonio cultural e histórico. Os valores da eficacia e a eficiencia teñen connotacións moi diferentes cando se aplican á empresa ou cando se refiren a unha organización pública non lucrativa como é o I E S Auga da Laxe.



SITUACIÓN DE PARTIDA

¿De ónde partimos? Situación actual del I E S Auga da Laxe de Gondomar.

Non somos partidarios de longas descricións das situacións de partida, é moi difícil realizar esta valoración sen caer en apreciacións subxectivas. Por elo referirémonos brevemente ao paulatino e acumulativo proceso de mellora dos últimos anos fixándonos nas consecuencias positivas: Plan de orientación académica e profesional, Comisión de convivencia, impulso aos sistemas informáticos e a páxina web do centro, grupo da biblioteca, plan de autoprotección, etc.

PROFESORADO: é moi competente profesionalmente. Fixo o esforzo de acomodación aos novos plans educativos dunha forma exemplar, non se fuxiu do debate interno teórico-práctico nin se deixou de afrontar a elaboración dos novos e preceptivos documentos. Agora, con esa experiencia acumulada, teremos que afrontar a adaptación a normativa legal máis recente.

ALUMNADO: son adolescentes cada día máis en contacto co mundo actual, o perfil mudou nos últimos anos, os medios de comunicación es as TIC fan dos nosos alumnos rapaces coñecedores das tendencias xuvenís máis recentes, o que debe ser tido en conta na relación profesor alumno. Temos que coidar con esmero a cantidade e a calidade do noso alumnado, sen esquecer nunca que o alumnado non se escolle nun centro público, os vimbios cos que temos que tecer son os que son, sen escollas.

PAIS E NAIS : o seu nivel de participación é como o de outros centros. O grupo colaborador pereceu incrementarse nos últimos anos, máis en intensidade que en cantidade. Estas nais, sobre todo, máis implicadas nas actividades do centro poden servir de ponte para mellorar a relación dos outros pais e nais co centro.

PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVICIOS: son moi profesionais no seu ámbito e participan na vida do instituto sempre que se lles da a oportunidade.

INSTALACIÓNS E RECURSOS: a imaxe arquitectónica do instituto e a súa distribución interna son moi boas. A luminosidade do espacio interno e o maioritario coidado das instalacións merecen a nosa felicitación a toda a comunidade escolar.

O espacio de traballo necesita unha urxente ampliación para poder adaptarse aos cambios pasados e futuros. A inexistencia de espacios para Departamentos Didácticos, e aulas de desdobre dificultan moito a organización escolar. A Administración educativa ten que afrontar sen demora estes déficits.

ENTORNO E COLABORADORES: a imaxe do instituto é moi positiva no entorno, as colaboracións co concello e con outras institucións teñen unha longa tradición que debe manterse.

Proxecto Educativo de Centro, Proxecto Curricular: temos estes documentos acordados fai xa varios anos. Os cambios normativos e a evolución do noso alumnado e do seu entorno social fan necesario adaptar estes documentos a nova situación.

Programacións Didácticas dos Departamentos: atópanse nun momento de adaptación ao Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG 13 xullo 2007). É necesario facilitar aos diversos Departamentos instrumentos que faciliten en normalicen os novos criterios de programación didáctica presentes na nova lei.

Organización escolar: a nova experiencia de organización das clases en aulas para materias vai cumprir o seu primeiro curso, é necesario preparar uns instrumentos de avaliación que nos permitan valorar obxectivamente esta experiencia e cuantificar a satisfacción de alumnos, pais e profesores. A distribución numérica dos alumnos nos diversos grupos e os descontos horarios por actividades non lectivas dos profesores deben ser revisados.

Plan de orientación académica e profesional: o longo proceso de discusión e elaboración deste plan deu finalmente resultados satisfactorios. É posible que existan algúns pequenos problemas de axuste entre o plan e a práctica que deberán ser abordados.

Convivencia: os instrumentos actuais para a convivencia funcionan de maneira axeitada, especialmenteo Regulamento de Réxime Interno, a comisión de convivencia ten una vida breve, pero parece dar o seus frutos, o reto da igualdade de sexos ten que ser afrontado por o regulamento e a comisión. En este sentido diríxese o traballo de algunhas profesoras do centro tentando promover o exemplo de mulleres como axentes activos en ambitos onde parecen ocultas polo discurso machista tradicional.

Plan de autoprotección: este é un logro recente no noso centro, funciona con unha gran organización nos simulacros de evacuación por incendio e explosión. As recomendacións actuais sobre seguridade contemplan o control dos movementos de automóbiles e peóns que deben ser incluídas neste plan.

Biblioteca e proxecto lector: a biblioteca do centro é unha das institucións máis valoradas pola súa tradición de actividades de promoción lectora e capacidade de innovación. O espacio físico quédase pequeno, pero a biblioteca foi quen de sair ata o zaguán co punto de lectura gracias a perseverancia do grupo da biblioteca formado maioritariamente por profesoras. O proxecto lector estase a elaborar nos termpos da actual normativa, ainda que temos desde fai anos diversas accións de promoción lectora.

Normalización lingüística: este é un aspecto no que avanzamos moi lentamente a pesar da pasión e a paciencia dos profesores e profesoras promotores. Moitos de nos mostrámonos descoidados co uso normal da lingua galega, o proceso non é doado e debe darse evitando ferir sensibilidades, pero é imprescindible recuperar o uso maioritario do galego nun contexto social e xeográfico onde o galego ten unha presenza moi arraigada.

Actividades complementarias e extraescolares: a riqueza e diversidade de estas actividades no centro ten xa unha longa tradición. As actividades complemenmtarias no centro e as saídas dun día ata Vigo, Santiago, etc. son frecuentes, as viaxes de unha semana a outros lugares de España ou incluso a París ou Londres teñan unha periodicidade practicamente anual. A frecuencia de estas saídas provocan, as veces, certo malestar entre parte do profesorado polo número de horas lectivas que se perden para atender uns programas didácticos moi apretados. É necesario afrontar o fondo desta cuestión e a dificultade de coordinar estas actividades.

T.I.C.: fai anos que o centro ven impulsando o desenvolvemento dos sistemas informáticos, as novas políticas da Administración educativa apoian este esforzo que pouco a pouco vai nornmalizando o uso das T.I.C. nas clases e na biblioteca. O mantemento da páxina web do centro é fundamental para a imaxe pública do detrabllo desenvolvido e pode servir para mellorar o intercambio de ideas entre a comunidade educativa.



OBXECTIVOS

O director ou directora non é máis que a persoa que representa ao centro ante a Administración, aínda que, conforme a lei, tamén representa a esta última no centro. Pero é a comunidade educativa do centro, cos seus Departamentos, comisións e outros órganos colexiados a que realmente dirixe o centro coa responsabilidade das decisións tomadas despois dunha reflexión colectiva.

Aceptar este esquema é asumir a responsabilidade de todos e confiar no bo facer e na profesionalidade de cada un. É un feito claro que non todos temos o mesmo carácter, pero é moi importante que a experiencia de uns se sume a o empuxe de outros e a pericia de moitos.

A dirección asume as funciones de representación, responsabilizándose da xestión y asumindo como criterio fundamental o consenso. Non queremos impor criterios persoais sobre a xestión do centro nin sobre as liñas prioritarias de actuación, todo o contrario, o noso traballo consistirá en propoñer vías de mellora aportando a documentación necesaria para que a maioría da comunidade escolar decida que é prioritario e que debe pasar a un segundo termo.

O primeiro obxectivo é proporcionar unha educación de calidade a todos os alumnos de ambos sexos, en todos os niveis educativos do noso centro. Temos que mellorar os resultados xerais e reducir as altas taxas de terminación da idade escolar sen titulación e o abandono temperan dos estudios. Trátase de conseguir que todos os nosos alumnos alcancen o máximo desenvolvemento posible das súas capacidades, individuais e sociais, intelectuais, culturais e emocionais.

O segundo obxectivo consiste na necesidade de que todos os compoñentes da comunidade educativa colaboren para acadar ese obxectivo tan ambicioso. A combinación de calidade e equidade que implica o primeiro obxectivo necesita a realización dun esforzo compartido. A cotío insístese no esforzo dos estudiantes, pois esa é unha das principais capacidades individuais. Pero a responsabilidade do éxito escolar do alumnado non recae só sobre eles, se non tamén sobre as súas familias, sobre o profesorado do centro, e sobre a Administración educativa da que depende o I E S Auga da Laxe.

O principio de esforzo, que resulta indispensable para acadar unha educación de calidade, debe aplicarse a todos os membros da comunidade educativa. Cada un deles terá a súa contribución específica. As familias terán que colaborar estreitamente e comprometerse co traballo diario dos seus fillos e coa vida do centro. O centro e o profesorado terá que esforzarse por acadar un entorno de aprendizaxe rico, motivador e esixente. A dirección do centro tentará facilitar a todos os compoñentes da comunidade escolar o cumprimento das súas funcións, e reclamará da Administración educativa os recursos necesarios para acadar estes compromisos e esforzos.

A avaliación dos procesos de xestión é indispensable para coñecer as fortalezas e debilidades da nosa labor; resulta pois u obxectivo e instrumento fundamental. A avaliación aplicarase aos distintos ámbitos que abarcan os procesos de aprendizaxe dos alumnos, á actividade do profesorado, aos procesos educativos, á función directiva, e ao funcionamento do centro.

Estes obxectivos obrígarannos a tomar decisións de forma participativa, a discutir as liñas de actuación e a apoiar as resolucións tomadas nos órganos colexiados, a asumir un proxecto común, a responsabilizarse do proceso educativo integro, a buscar a mellora das relacións entre as profesoras e profesores como beneficio para os alumnos, a discutir internamente calquera opinión antes de tomar unha decisión, a aceptar as críticas que deben facerse no contexto de mellora do potencial educativo.

Este obxectivo de promover a participación dos profesores deberase facer respectando o nivel de compromiso persoal, os compromisos non se impoñen, asúmense libremente.



RETOS PARA A NOVA DIRECCIÓN E LIÑAS DE ACTUACIÓN

O primeiro reto para a nova dirección é manter os logros acadados polas direccións anteriores. As aportación sucesivas dos profesores e profesoras que impartiron docencia no centro ou asumiron responsabilidades de xestión deben considerarse como un sustrato sobre o que debemos traballar. Non podemos obviar a diversidade de sensibilidades do corpo de profesores que compartimos docencia no centro, a suma desta diversidade é a que da carácter e personalidade ao centro. Por eso, o establecemento de unhas liñas prioritaria para unha nova dirección ten que pasar, en primeiro lugar, polo mantemento das aportacións dos compañeiros e compañeiras que asumiron retos de xestión. Trátase de construir sobre o construído.

Tentaremos coordinar os esforzos particulares de moitos membros da comunidade escolar que comparten o obxectivo común de mellorar a calidade do centro. É patente a necesidade de coordinar os sistemas de avaliación das diversas materias para non sobrecargar con exames e probas aos alumnos, establecer un número mínimo de probas por avaliación e materia, etc.

O segundo reto é a reivindicación ante a Administración da necesidade de ampliación e renovación do espacio físico do centro. A desaparición das salas dos Departamentos Didácticos e o seu aproveitamento como aulas dificultan a coordinación do profesorado destes e supoñen a dificultade para a organización do material docente. O axustado do espacio da biblioteca que ten máis de 10.000 volumes e a transformación da casa do conserxe, deshabitada, en aula de música son outros síntomas da saturación do espacio físico do edificio. Para acadar este reto de ampliación teremos que contar co apoio da comunidade escolar no seu conxunto e, se é posible, das forzas políticas municipais. Outro aspecto deste problema é a necesidade de cambiar parte da carpintería de aluminio das portas de entrada que, a vista do seu estado, teñen finalizada a súa vida útil.

O terceiro reto que consiste na elaboración dun sistema para o uso das T.I.C. para comunicación interna entre os profesores, os alumnos e os pais. Nunha primeira fase pretendemos establecer un sistema de correo electrónico que axilice a comunicación entre o claustro de profesores remitindo información, documentación e propostas e recibindo as aportacións dos membros do claustro; este sistema pode axilizar moito o funcionamento dos órganos colexiados e os trámites de xestión docente. O sistema de lista de correo será logo avaliado para afrontar as seguintes fases de posta en marcha para os alumnos e pais.

Outro reto é a atención a la diversidade. A implantación da LOXSE, nos anos 90, trouxo un cambio no perfil do alumnado, sobre todo na ESO. A obrigatoriedade hasta os 16 anos fixo que a porcentaxe de alumnos desmotivados e con necesidades educativas especiais sexa cada día maior,esta situación provoca a necesidade de tomar medidas para poder atender a estes alumnos sen esquecer ao resto do alumnado que se encontra motivado e ten un mellor ritmo de aprendizaxe. Este feito está intimamente relacionado co aumento dos problemas de convivencia. Ben é verdade que se teñen tomando medidas satisfactorias nos últimos anos, pero este sempre é un dos aspectos que necesita continua mellora xa que causa un enorme cansazo nos profesores e leva a desmotivación dos outros membros da comunidade escolar.

Outra cara da atención a diversidade é a mellora da convivencia. Nestes últimos cursos téñense feitos moitos esforzos nesa dirección, sobre todo nos primeiros cursos da ESO. Aínda así prodúcense frecuentes conflictos entre profesores e alumnos e menos entre os propios alumnos. Esta conflictividade ten unha consecuencia directa no proceso de ensino e aprendizaxe e polo tanto no rendemento dos alumnos. Aínda que se ven aplicando o Plan de Convivencia con rigor, non podemos deixar de atender esta liña de actuación e mellorar no posible os sistemas de convivencia. Afondar na estructura de resolución de conflictos é fundamental para acadar un ensino de calidade nun ambiente agradable.

O centro precisa o deseño de sistemas de avaliación da xestión, das actividades e da docencia. Nas últimas páxinas deste proxecto preséntanse diversos modelos de avaliación para retomar un análise que se tentou por en marcha no centro fai varios anos e que quedou detido pola nosa falta de perseveranza. Hoxe, a avaliación dos procesos de traballo en institucións públicas converteuse nunha necesidade inescusable que debe contar cos sistemas apropiados para evitar valoracións subxectivas e elucubracións estériles. A Avaliación dos procesos debe entenderse non como censora, senón como instrumento de mellora e impulso do compromiso co traballo ben feito.

É obxectivo prioritario da educación en Galicia a consecución da igualdade entre homes e mulleres, non se tolerarán comportamentos sexistas ou que respondan a estereotipos de división sexista do traballo ou as tarefas. No regulamento de Réxime Interno explicitaranse as medidas de corrección ou sanción de comportamentos sexistas. Os currículos das diversas materias contemplarán a igualdade de sexos e o fomento das vocacións femininas en áreas deficitarias das mesmas.

Outras liñas de actuación incluirán o impulso das actividades extraescolares e complementarias con especial atención á motivación dos alumnos, xa que o contexto social e comunicativo no que viven está cheo de estímulos de enorme influencia que compiten coa motivación escolar. Entendemos as actividades complementarias como un instrumento de motivación para o aprendizaxe que pode animar aos alumnos. A definición de liñas para a coordinación de actividades pode incluír a educación ambiental e a xestión de residuos, o disfrute de actos culturais, a valoración do patrimonio histórico artístico, o coñecemento das institucións democráticas, etc.

A normalización lingüística. A potenciación das liñas de desenvolvemento da biblioteca, a animación lectora, son liñas de traballo con longa tradición no centro que deben manterse e nas que teremos que aumentar o noso compromiso que moitas veces é feble.

Finalmente proporemos ao claustro de profesores a creación dunha sección europea si parte do equipo docente síntese capaz de afrontar o difícil reto, comprometemos todo o noso apoio aos profesores que se vinculen ao proxecto das seccións europeas.


OS CLAUSTROS E O CONSELLO ESCOLAR

É no claustro onde cada docente pon en común a súa responsabilidade para poder entre todos definir as liñas de actuación. Este sistema, as veces, ralentiza a toma de decisións pero o noso desexo é primar a participación sobre velocidade.

Nos claustros téñense que debater e analizar as liñas de traballo. A toma de decisións realizarase por consenso, se é posible, e en votación secreta para permitir a plena liberdade de opinión. Todas as reunións do claustro e dos demais órganos colexiados que sexan convocadas pola dirección serán feitas cun mínimo de 48 horas de antelación e á convocatoria axuntarase toda a documentación pertinente que permita aos membros dos diversos órganos colexiados o análise previo dos temas a tratar. Proporemos un regulamento para os debates no claustro na procura da eficacia e coa intención de evitar as reiteracións nas intervencións.

Non todos pensamos igual pero temos que acadar unha fórmula na que cada un teña o seu lugar no debate profesional e a crítica mutua: o afán de superación ten que seguir presidindo o noso actuar.

Procuraremos a avaliación e a planificación consensuada do sistema de organización académica e horaria: axustar e equilibrar. As horas de titoría conforme a normativa para todos os profesores, tendo en conta que a función titorial é remunerada. Debemos considerar os desequilibrios da plantilla do centro para o nomeamento de cargos directivos, reestructurar o calendario de reparto de grupos nos Departamentos didácticos para evitar os cambios, etc.




SISTEMAS DE AVALIACIÓN

O desenvolvemento dos sistemas de avaliación en estructuras complexas son, hoxe en día, algo común e necesario. Facilitan a corrección das instalacións, a adecuación ao contexto, a planificación dos procesos de ensino e a práctica educativa. A avaliación debe incluír a recollida de datos e o análise da información sobre as necesidades e as expectativas de todos os sectores da comunidade educativa, desta maneira se poden comprender e anticipar aquelas na xestión do centro. Os sistemas de avaliación deben establecer indicadores para a revisión da xestión e a súa actualización nun continuo proceso retroalimentado.

Proporemos ao claustro e ao Consello Escolar a creación dunha comisión de avaliación con función titorial para o desenvolvemento e análise das avaliacións. Esperamos poder ir aplicando os seguintes sistemas de avaliación si o Consello Escolar os considera oportunos:

  1. Sistema de avaliación e propostas dos pais de alumnos.

  2. Sistema da avaliación e propostas dos alumnos.

  3. Sistema de avaliación da satisfacción e propostas do persoal docente e de servicios

  4. Sistema de avaliación da calidade docente.

  5. Sistema de avaliación da calidade da xestión do equipo directivo

Os seguintes exemplos poden servir de anteproxectos para o deseño de cuestionarios de avaliación aplicables no I.E.S. Auga da Laxe de Gondomar.

Cada persoa manifesta o seu grado de acordo co enunciado, sinalando o número da escala que mellor reflicta a súa apreciación sobre a pregunta.

A valoración debe estar comprendida entre 1 e 5. O “1” representa a cualificación máis baixa (totalmente en desacordo co enunciado ou insatisfactorio) e o 5 a máis alta (totalmente de acordo co enunciado). As outras puntuacións son cualificacións intermedias.

1 = insatisfactorio

2 = pouco satisfactorio

3 = normal

4 = satisfactorio

5 = moi satisfactorio

Cuestionario de valoración da función directiva.

Profesorado.


CUESTIÓN

VALOR

Consideras adecuada a planificación dos asuntos do centro?

1 2 3 4 5

Consideras adecuada a organización xral. do centro?

1 2 3 4 5

É adecuada e útil a coordinación docente realizada?

1 2 3 4 5

Da resposta o director e o resto do equipo directivo, na medida das súas posibilidades, ás necesidades académicas plantexadas?

1 2 3 4 5

Teñen en conta o director e o resto do equipo directivo os problemas e cuestiones plantexadas polo profesorado?

1 2 3 4 5

Mellorou a convivencia no centro?

1 2 3 4 5

Consideras adecuada a participación da comunidade escolar na vida do Centro?

1 2 3 4 5

Consideras que o alumnado recibe suficiente axuda e apoio por parte do equipo directivo?

1 2 3 4 5

Resólvense con eficacia os conflictos plantexados?

1 2 3 4 5

PROPOSTAS DE MELLORA





Cuestionario de valoración da función directiva.

Alumnado.

CUESTIÓN

VALOR

Valora a planificación xeral dos asuntos do centro?

1 2 3 4 5

Valora a planificación a organización do centro?

1 2 3 4 5

Consideras que o equipo directivo informa das normas de funcionamento do centro?

1 2 3 4 5

Consideras que, en xeral, o equipo directivo coordina a labor do profesorado?

1 2 3 4 5

Consideras que no centro dáse resposta aos teus intereses formativos?

1 2 3 4 5

Mellorou a convivencia no centro?

1 2 3 4 5

É adecuada a participación da comunidade escolar na vida do centro?

1 2 3 4 5

Como alumno recibes a suficiente axuda e apoio do equipo directivo?

1 2 3 4 5

Atenderon e deron resposta o director ou o equipo directivo aos problemas e cuestións plantexadas por ti ou por outros alumnos?

1 2 3 4 5

PROPOSTAS DE MELLORA



Cuestionario de valoración de la función directiva.

Familias.

Pódese redactar con preguntas similares engadindo outras que afecten directamente as relacións entre os pais e nais e o centro.

Presentamos agora dous posibles modelos para a avaliación la labor docente que poden servir de base á redacción dun apropiado para o noso centro.

Modelo para materia teóricas

Modelo para materias prácticas

A maneira de dar a clase este profesor axúdame a comprender a materia.

Este profesor explica con claridade o obxectivo dos exercicios.

Este profesor parece motivado pola docencia.

Este profesor organizou adecuadamente o desenrolo das prácticas.

Este profesor estimula o traballo persoal dos estudiantes na materia.

Este profesor favorece a participación activa dos estudiantes nas clases.

Este profesor responde con claridade ás preguntas que lle formulamos os estudiantes.

Este profesor responde con claridade ás preguntas que lle formulamos os estudiantes.

Este profesor procura saber se os estudiantes entenden o que explica.

Este profesor procura saber se os estudiantes aprendemos coas prácticas que facemos.

Este profesor cumpre as súas obrigas docentes (disposición para atender aos estudiantes durante as horas de titoría, fora de elas, sistema de avaliación ben establecido...)

Considero que aprendo con este profesor.

Como valoras en conxunto a actuación docente deste profesor.

Valora a preparación das clases por parte do profesor.

Valora a eficacia do profesor para comunicar a materia.

Valora o cumprimento dos horarios de clase por o profesor.

Cando fas consultas fora de clase o profesor aténdete con normalidade.

O seu nivel de atención e dispoñibilidade no trato cos estudiantes.

O grado de cumprimento dos programas e obxectivos establecidos ao comezo do curso é.

Como sínteses de las respostas a las preguntas anteriores (de la 1 a la 7), A túa valoración global do traballo do profesor na materia é.

Cal é o teu grado de asistencia a clase como estudiante?

Cal é o teu nivel de atención na clase como estudiante?

A correspondencia entre o sistema de avaliación e os obxectivos da materia é.












BIBLIOGRAFÍA

Bernal, J.L. (2001). Liderar el cambio: el Liderazgo Transformacional. Anuario de Educación.

Fernando Serrat, , M.L. (2001). Dirigir centros educativos. Barcelona: Grupo Editorial Universitario.

Gimeno Sacristán, J. (Coord.) (1995). La dirección de centros: análisis de tareas. Madrid: CIDE.

González Fernández, A. e Requejo Osorio, A. (Coord.). (1996). Profesionalización e deontoloxía da función docente. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.

Lázaro, Emilio. (1985) La dirección del centro escolar público. Madrid: MEC.

Leithwood, K (1994) Liderazgo para la reestructuración de las escuelas. Revista de Educación nº 304. Madrid: MEC.

López, J.; Moirón, J.A. e Estefanía, J.L. (1996). Inspección y centros educativos. Madrid: Editorial Escuela Española.

Murillo, F. J. (2005). La investigación sobre Eficacia escolar. Barcelona: Octaedro.

Murillo, F.J., Barrio, R. y Pérez-Albo, M.J. (1999). La dirección escolar: análisis e investigación. Madrid: CIDE.

Pascual, R., Villa, A. y Auzmendi, E. (1993). El liderazgo transformacional en los centros docentes. Bilbao: Mensajero.

Poblete, M. y García Olalla, A. (2005). Perfil directivo de competencias para la gestión del cambio en Centros educativos. Organización y Gestión de centros educativos. Barcelona: Praxis.

González Gallego, Isidoro (Coord.). (2002). En clave de calidad: la dirección escolar. Madrid: MEC, Instituto Superior de Formación del Profesorado.

VV. AA. (1999). Equidad y calidad en educación. Madrid. Revista de Educación, nº 319: MEC.

VV. AA. (2003). Mejorar procesos, mejorar resultados. Investigación europea sobre mejora de la eficacia escolar. Bilbao: MEC e Universidade de Deusto.

VV. AA. (2000). Pedagogías del siglo XX. Especial cuadernos de Pedagogía. Barcelona: Praxis.

16



CADRO COMPARADO DICTAME 613 SOBRE O ANTEPROXECTO DE LEI
DIARIO DE CLASE DO PROXECTO POLINOMIOS CON DESCARTES EN
DOCUMENTO DE FORMULACIÓN DE PROXECTOS DE COOPERACIÓN PARA O


Tags: dirección ies, la dirección, dirección, gondomar, proxecto