OBRADOIRO DE LINGUAXE E REDACCIÓN XURÍDICA GALEGA I RESUMO

25 ANIV CAMINOICE ACTO CONMEMORATIVO PLAZA DEL OBRADOIRO 1
ESCOLA DE ESCRITORESAS OBRADOIRO DE CREACIÓN LITERARIA A
OBRADOIRO DE LINGUAXE E REDACCIÓN XURÍDICA GALEGA I RESUMO





Obradoiro de linguaxe e redacción xurídica galega I








Resumo do curso:





O marco lexislativo actual persegue o obxectivo da normalización da lingua galega nos eidos da administración e da xustiza, de xeito que se respecte o dereito lingüístico dos cidadáns e cidadás, para o cal cómpre o coñecemento do tecnolecto xurídico que posibilite a máxima corrección. Os titulados en Dereito deben coñecer a súa linguaxe de especialidade tanto en castelán como en galego para poderen satisfacer no seu futuro profesional a cuestión lingüística, e nesa formación o papel do profesorado da Facultade de Dereito devén chave.


O «Obradoiro de linguaxe e redacción xurídica galega» pretende darlles formación específica aos docentes de Dereito verbo do seu tecnolecto en galego. Isto supón unha formación gramatical e léxica específica e a revisión das convencións documentais estilísticas necesarias para o seu traballo, a prol da modernización e racionalización da documentación xurídica.


Impartido por:






Profesor: Martín Ramos Ínsua. Técnico de normalización lingüística do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela


Obxectivos:






Contidos:


I. Redacción e estilo


 II: Gramática

 III: Léxico

 IV: Recursos


Metodoloxía:



O desenvolvemento do curso será eminentemente práctico e combinará a exposición de contidos teóricos coa práctica sobre documentos reais do exercicio xurídico.


Avaliación:


A avaliación terá en conta a asistencia, a participación e o aproveitamento das sesións presenciais, así como a valoración das prácticas propostas para as horas non presenciais. Se entregará un informe individual das prácticas propostas.

Requisitos e observacións:




Nivel de lingua galega: Celga 4 ou perfeccionamento ou equivalentes.





Tags: galega i, xurídica galega, linguaxe, obradoiro, xurídica, resumo, redacción, galega