REGULAMENTO DO XVII CONGRESO EXTRAORDINARIO DO PARTIDO POPULAR DA

PRÊMIO ABF DESTAQUE FRANCHISING “CATEGORIA JORNALISMO” REGULAMENTO ARTIGO
..%5Cpontofocal%5Ctextos%5Cregulamentos%5CLTU_18
12 REGULAMENTO ESPECÍFICO DAS MODALIDADES CATEGORIA B REGULAMENTO GERAL

ATRIBUIÇÕES DO PROFESSOR ORIENTADOR NO ESTÁGIO 1REGULAMENTO DE ESTÁGIO
CAMPEONATO DE FUTEBOL SOCIETY 2016 CATEGORIA NOVOS REGULAMENTO CAPÍTULO
CONCELLO DE PORTOMARÍN ANUNCIO VISTO O REGULAMENTO E BASES

REGULAMENTO DO XVII CONGRESO EXTRAORDINARIO DO PARTIDO POPULAR DA




REGULAMENTO DO XVII CONGRESO EXTRAORDINARIO DO

PARTIDO POPULAR DA PROVINCIA DE LUGO


DISPOSICIÓNS XERAIS



Artigo 1º

De conformidade co establecido nos artigos 26 e 27 dos vixentes Estatutos Nacionais do Partido Popular e segundo o acordo adoptado o 29 de xaneiro de 2016 pola Xunta Directiva Provincial de Lugo, convócase o XVII Congreso Extraordinario do Partido Popular de Lugo, que terá lugar o día 6 de marzo de 2016.


Artigo 2º

Encoméndase á Comisión Organizadora, nomeada pola Xunta Directiva de Lugo, o impulso, coordinación e dirección de todos os aspectos organizativos do Congreso.


A Comisión Organizadora do Congreso debatirá, modificará e aprobará, se procede, a concreta programación e precisión dos elementos persoais e materiais de toda índole que concorran ao éxito do Congreso. Os seus acordos deberán ser adoptados por maioría.


Durante a celebración do Congreso as devanditas competencias serán asumidas polo seu Presidente, quen dará conta á Mesa.


Artigo 3º

O Congreso é o órgano supremo do partido e, entre outras, ostenta as seguintes facultades de conformidade co establecido no artigo 30 dos Estatutos Nacionais do PP:

  1. Aprobar ou censurar, no seu caso, a actuación desenvolvida, dende o anterior Congreso ordinario, polo Comité Executivo Provincial e pola Xunta Directiva Provincial de Lugo.

  2. Aprobar ou modificar o Regulamento de Organización do Partido Popular de Lugo e demáis normativa do seu ámbito territorial.

  3. Coñecer e aprobar ou censurar, se é o caso, as contas do Partido e adoptar as medidas que estime oportunas.

  4. Fixar as directrices políticas básicas do Partido Popular de Lugo.

  5. Debater e adoptar cantos documentos enriquezan o pensamento político do Partido Popular de LUGO, definan a súa oferta electoral ou afecten á estratexia e xestión do Partido.


Artigo 4º

Todo o relativo á organización e funcionamento do XVII Congreso Extraordinario do PP da província de Lugo rexerase polo presente Regulamento.


As dúbidas que poidan presentarse na interpretación do regulamento serán resoltas pola Comisión Organizadora ata o momento da constitución da Mesa do Congreso.


Durante a celebración do Congreso a devandita tarefa será competencia exclusiva da Mesa.


TÍTULO PRIMEIRO

DA ORGANIZACIÓN DO CONGRESO EXTRAORDINARIO

PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR DE LUGO


Artigo 5º

O Pleno do Congreso estará constituido por compromisarios.


Artigo 6º

De conformidade co artigo 29.1 dos Estatutos Nacionais do PP son compromisarios:

a) Natos: todos os membros da Xunta Directiva do Partido Popular de LUGO e os membros da Comisión Organizadora do Congreso.


b) Electos: aqueles designados polas organizacións locais, en asembleas convocadas ao efecto e nun número de 600 atendendo a un reparto local, segundo o seguinte criterio: outórgase ao nivel de afiliación un 75% e á porcentaxe de votos obtidos nesas circunscripcións nas pasadas eleccións autonomicas un 25%.


Dacordo con estes criterios, a distribución provincial de compromisarios é a seguinte:

Natos: 144 compromisarios

Electos: 600 compromisarios

NN.XX: 20 compromisarios

A distribución de compromisarios electos en cada concello farase polo Comité Executivo Provincial, outorgándolle ao nivel de afiliación local un 75% e á porcentaxe de votos obtidos neses concellos nas pasadas eleccións autonómicas un 25%.


Co obxectivo da máxima descentralización, repartiránse os compromisarios entre todos os concellos que teñan organización local e porcentaxe de afiliación suficiente para obter un compromisario como mínimo.


Tan só poderán agruparse para o reparto de compromisarios e celebración de asembleas de elección dos mesmos, aqueles concellos que por si sós non alcancen a proporción necesaria para obter un compromisario. O criterio para formar estas agrupacións será comarcal, por razóns de proximidade xeográfica e respetando o obxectivo da máxima descentralización.


Artigo 7º

A condición de compromisario é persoal e intransferible.


Os compromisarios teñen dereito a voz e voto, participando nas decisións do Congreso e na elección dos órganos correspondentes. Non estarán suxeitos a mandato imperativo.


Para ser compromisario será necesario ter a condición plena de afiliado na data na que se acorde a convocatoria do Congreso pola Xunta Directiva, non ter sido suspendido de militancia e estar ao corrente das cotas na data de celebración da asemblea local para a elección de compromisarios.


Os afiliados con máis dun ano de antigüidade deberán ter pagado cando menos as cotas do último ano.


Cada compromisario terá unha credencial acreditativa da súa condición, expedida pola Comisión Organizadora do Congreso.


Artigo 8º

Unha vez aprobado o número de compromisarios correspondentes a cada concello, a elección dos compromisarios farase en asembleas locais convocadas a tal efecto polo presidente provincial, cunha antelación mínima de 10 días ao día da súa celebración.


A convocatoria deberá indicar lugar, data e hora do comenzo da asemblea, duración do período de votación, que non poderá ser superior a 6 horas, número de compromisarios a elixir e bases para a presentación de candidaturas, así como para a constitución das Mesas electorais.


Dacordo co artigo 57. 4 dos Estatutos Nacionais, sen perxuízo da comunicación persoal e escrita que puidese enviar cada organización territorial aos afiliados militantes, serán válidas e surtirán plenos efectos as convocatorias publicadas no portal web do PP de Lugo e das súas organizacións locais.


Artigo 9º

Todas as asembleas locais celebraranse o mesmo día e hora: o día 22 de febreiro de 2016. As excepcións a esta norma deberán ser xustificadas e autorizadas previamente pola Comisión Organizadora do Congreso.


Artigo 10º

Nas asembleas para a elección de compromisarios constituirase unha Mesa composta de presidente, secretario e vogal, designados polo Comité Local.


Á súa vez a Comisión Organizadora poderá designar un observador para que asista á correspondente asemblea local co obxecto de velar polo cumprimento das normas contidas neste regulamento e pola pureza democrática do proceso.


Os devanditos observadores emitirán un informe por escrito das incidencias á Comisión Organizadora.


Artigo 11º

A elección de compromisarios en cada asemblea farase en lista aberta, e poderá presentarse como candidato calquera afiliado que o solicite ante a correspondente Xunta Local ata o día 19 de febreiro de 2016. Para presentar candidatura basta coa sinatura, podendo nomear un interventor para o acto da elección. A elección farase mediante votación secreta.


Artigo 12º

Cada Xunta Local confeccionará o modelo de papeleta, ordeando alfabeticamente os candidatos a compromisarios, sorteando o primeiro, e facilitándoos a calquera afiliado ó Partido que teña dereito a voto, polo menos 24 horas antes da celebración da correspondente asemblea.


Artigo 13º

Queda prohibido facer campaña durante a xornada electoral ou distribuir papeletas previamente sinaladas no interior do recinto no que se celebren as votacións.


Artigo 14º

A votación farase marcando cunha cruz aos candidatos nun número non superior aos elixibles.


Resultarán electos aqueles compromisarios que obteñan máis votos dentro do número asignado a cada colexio. No suposto de que o número de candidatos a elixir coincida co número de compromisarios que corresponda, quedarán automáticamente designados.


Artigo 15º

Cada Mesa levantará acta do resultado do escrutinio. Esta acta deberá remitirse a Comisión Organizadora xunto coa relación de compromisarios electos e os suplentes, nas 24 horas seguintes á elección.


Artigo 16º

As Mesas das asembleas resolverán as incidencias que poida haber no transcurso das votacións e do escrutinio dando conta por escrito á Comisión Organizadora das reclamacións efectuadas e das resolucións adoptadas.


Contra estas resolucións calquera afiliado interesado poderá elevar reclamación ante a Comisión Organizadora nun prazo de 48 horas dende a hora do inicio da asemblea, debendo resolver esta no prazo de tres días. As súas decisións serán inapelables.


Artigo 17º

No caso de imposibilidade de asistencia ao Congreso por parte dun compromisario electo, este deberá comunicalo á Comisión Organizadora antes do 1 de marzo 2016, aos efectos da súa substitución polo seguinte candidato máis votado na respectiva lista aberta na que o compromisario estea incluído.


No caso de esgotarse a lista de suplentes ou de non existir o suficiente número de candidatos, a C.O.C poderá cubrir estas vacantes con persoas que figuren como suplentes noutras circunscricións electorais.

Artigo 18º

Facúltase ao secretario xeral do Partido Popular de Lugo para, en nome do Presidente do Comité Executivo de Lugo, realizar as invitacións que considere oportunas.


TÍITULO SEGUNDO

DA PREPARACIÓN DO CONGRESO


Artigo 19º

Segundo o acordo da Xunta Directiva Provincial de Lugo, os comunicados que se presentarán neste Congreso serán os seguintes:

  1. O Sector Primario Pilar Fundamental da Economía Lucense.

  2. Política Social Unha Prioridade na Nosa Provincia.


Os comunicados serán entregados á Comisión Organizadora do Congreso ata o día 25 de febreiro.




TITULO TERCEIRO

Capítulo I

DO FUNCIONAMENTO DO CONGRESO


Artigo 20º

A Comisión Organizadora declarará validamente constituido o Congreso na data e lugar da súa convocatoria, independentemente do número de compromisarios asistentes.


Artigo 21º

O Pleno do Congreso do PP de Lugo estará presidido pola Mesa, que estará composta por un presidente, un vicepresidente, un secretario, un secretario adxunto, 2 vogais e un membro da Comisión Organizadora do Congreso.


Todos os membros da Mesa deberán ostentar a condición de compromisarios.


Artigo 22º

O acto inaugural do Pleno do Congreso será presidido pola Comisión Organizadora. Esta a través do seu Presidente, proporá ao Pleno a composición da Mesa, que deberá ser ratificada por maioría simple. De non aceptarse a proposta, abrirase un prazo de trinta minutos, durante o que, os compromisarios poderán presentar candidaturas completas para a Mesa, avaladas como mínimo polo 15% do total dos compromisarios, non podendo avalar cada compromisario máis dunha candidatura. Será elixida a candidatura que obteña máis votos.


Artigo 23º

Unha vez elixida a Mesa do Congreso, esta comunicará o acordo de aprobación definitiva do presente Regulamento.


A Mesa dirixirá, impulsará, ordeará e moderará os debates, velando en todo momento pola boa marcha do Congreso. As súas decisións adoptaranse por maioría simple, tendo o presidente, en caso de empate, voto de calidade.


Correspóndelle á Mesa cumprir e facer cumprir o Regulamento do Congreso, interpretalo nos casos de dúbida e suplilo nos de omisión.



Artigo 24º

Correspóndelle ao presidente, en nome da Mesa, abrir, dirixir, suspender e levantar a sesión; autorizar o uso da palabra e fixar, á vista das peticións de intervención, o número máximo de intervencións e a duración das mesmas. Asemade, antes de cada votación, exporá con claridade os termos da proposta ou propostas sometidas á votación.


O presidente poderá chamar á orde e, se é o caso, retirar a palabra a quen nas súas intervencións se alongue excesivamente, se desvíe do tema obxecto de debate, falte ao establecido neste Regulamento, profira expresións ofensivas ao decoro do Partido, dos seus membros ou de calquera outra institución, entidade ou persoa, ou que de calquera outra forma altere a orde ou obstaculice a boa marcha do Congreso.


Artigo 25º

O vicepresidente, pola súa orde, substituirán ao presidente e exercerán as súas funcións en caso de ausencia e terán as mesmas atribucións que aquel.


Artigo 26º

Correspóndelle ao secretario da Mesa, auxiliado polo secretario adxunto, a redacción da acta da sesión, recollendo na mesma o resumo das intervencións, as propostas presentadas, as votacións producidas indicando o número de votos emitidos, os favorables, os contrarios, os nulos e as abstencións, así como os resultados.


A acta será aprobada pola Mesa e unha vez rematado o Congreso será asinada polo Presidente e o Secretario.


Artigo 27º

O Congreso funcionará en Pleno, adoptándose os acordos por maioría simple mediante votación a man alzada, salvo os referentes á elección dos órganos do Partido que se acomodarán ao establecido nos Estatutos, no Regulamento de Organización e no presente Regulamento.




Capítulo II

DO PLENO E OS SEUS TRABALLOS


Artigo 28º

O Pleno do Congreso, con independencia doutras facultades recollidas nos Estatutos e Regulamento de Organización, coñecerá do informe de xestión dende o último congreso do PPdeLugo, que será presentado polo Secretario Xeral do Partido Popular de Lugo ou persoa en quen delegue.



Artigo 29º

As sesións plenarias do Congreso, a excepción da apertura serán presididas pola Mesa do Congreso.


Iniciada a sesión ou sesións plenarias, o presidente indicará os temas que, no mesmo, serán obxecto de debate dentro dos establecidos no programa e na orde do día, así como os tempos asignados a cada intervinte.


TITULO CUARTO

Capítulo I

DA PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS



Artigo 30º

As persoas que opten á Presidencia terán un prazo quince días dende a convocatoria do Congreso para presentar a súa candidatura ante a Comisión Organizadora do Congreso.



Artigo 31º

Para ser proclamado candidato a Presidencia do Partido Popular de Galicia será necesario presentar o apoio de, cando menos, 75 militantes.


No suposto de que se presentasen dúas ou máis candidaturas, a Comisión Organizadora proclamará aos candidatos presentados nun prazo de 48 horas, convocando a campaña electoral interna por un prazo mínimo de 7 días.

  1. Durante a duración da campaña, a Comisión Organizadora garantirá a todos os candidatos a igualdade de oportunidades, asegurará a neutralidade da organización do Partido e velará pola transparencia de todo o proceso.


  1. A campaña electoral interna iniciarase o 15 de febreiro e finalizará o 21 de febreiro.


  1. Os candidatos proclamados poderán presentar os seus compromisarios nos correspondentes colexios electorais ata o día 19 de febreiro. No mesmo prazo os compromisarios natos poderán adscribirse a calquera das candidaturas proclamadas.


  1. A finalización da campaña non supón, en ningún caso, a imposibilidade por parte dos candidatos de seguir solicitando apoios, neste caso, entre os compromisarios.




Capítulo II

DA ELECCIÓN DOS ÓRGANOS DE DIRECCIÓN



Artigo 32º

O Congreso do Partido Popular de Lugo elixirá ao Presidente e 22 vogais co sistema sinalado nos Estatutos e no Regulamento de Organización.


Artigo 33º

O prazo para a presentación de candidaturas ábrese o día 4 de marzo de 2016 e remata o 6 do mesmo mes ás 10.00 horas.


Non obstante, aqueles que pretendan ser designados candidatos deben presentar ante a Comisión Organizadora os avais necesarios según este Regulamento antes das 12:00 horas do día 4 de marzo no modelo oficial que estableza a Comisión Organizadora.


A Comisión Organizadora recibirá os avais e emitirá un informe que será entregado á Mesa do Congreso para a proclamación das candidaturas que fosen presentadas en tempo e forma.


Poderá exercer o dereito a ser candidato calquera afiliado proclamado con arreglo ao capítulo anterior que no momento da celebración do Congreso estea ao día nas súas obrigas estatutarias.


Os candidatos designados que non ostenten a condición de compromisarios terán dereito a asistir ao Congreso, sen dereito a voto, a partir do momento da aceptación das candidaturas. A tal fin, a Mesa terá prevista a expedición das oportunas acreditacións.


Artigo 34º

As candidaturas gardarán a forma recollida polos Estatutos e virán avaladas por un mínimo de 155 sinaturas de compromisarios do Congreso. Estas estarán compostas, cando menos, por un presidente e 22 vogais.


Ningún compromisario poderá figurar en dúas ou máis candidaturas, nin avalar coa súa sinatura máis dunha. As sinaturas que figuren como aval en máis dunha candidatura serán declaradas nulas.


Artigo 35º

Os candidatos á Presidencia do partido teñen dereito a unha exposición previa do seu programa, do seu plan de actuación e da súa candidatura, correspondéndolle á Mesa limitar os tempos, así como fixar a orde de intervencións. Os candidatos proclamados que aporten maior número de avais válidos terán prioridade para elexir a orde na que se produce a súa intervención.


Artigo 36º

A elección do Comité Executivo Provincial de Lugo farase mediante lista pechada e votación secreta, empregando listados e urnas facilitadas pola Comisión Organizadora.


Artigo 37º

Para as votacións constituiranse as mesas electorais necesarias, que estarán formadas por un presidente e un secretario nomeados pola Comisión Organizadora do Congreso, á que se poderá incorporar un interventor por cada candidatura proclamada.


No momento da votación, os compromisarios acreditarán a súa condición acompañando a súa credencial co D.N.I. ou documento oficial con fotografía que acredite a súa personalidade.


Unha vez rematada a votación, as mesas electorais farán os correspondentes escrutinios que serán remitidos á Mesa do Congreso quen anunciará os resultados e proclamará a candidatura que obtivese o maior número de votos.


TITULO QUINTO

DAS IMPUGNACIÓNS


Artigo 38º

Para as impugnacións que afecten ó desenvolvemento do Congreso, será competente o Comité de Dereitos e Garantias de Galicia. Estas impugnacións deberán fundamentarse en infraccións estatutarias ou regulamentarias e presentarse nun prazo máximo de 48 horas ao remate do Congreso.


Artigo 39º

O procedemento para facer a reclamación será o seguinte:

a) As impugnacións que afecten á elección de compromisarios, faranse nos termos expostos no artigo 16.

b) As impugnacións daqueles acordos tomados durante a celebración do Congreso serán presentadas polos compromisarios ante a Mesa que resolverá no mesmo Congreso, incluíndo na acta as motivacións nas que se fundamente a súa resolución. A resolución da Mesa será apelable ante o Comité de Dereitos e Garantías de Galicia, no prazo máximo de 48 horas despois da celebración do Congreso.


DISPOSICIÓN FINAL PRIMEIRA


O envío de documentación por parte da Comisión Organizadora como por parte dos compromisarios realizarase oficialmente a través das oficinas do Partido locais, provincial , sen perxuízo das comunicacións que se realicen a través do portal web do PPdeLugo.



DISPOSICIÓN FINAL SEGUNDA


Para todo o non previsto neste Regulamento, será de aplicación o disposto nos vixentes Estatutos Nacionais do Partido Popular, no Regulamento de Organización do PPdeG e no Regulamento Marco de Congresos.




DR DO TRABALHO E QUALIFICAÇÃO PROFISSIONAL REGULAMENTO DE EXTENSÃO
FESTIVAIS ESPORTIVOS DA REME REGULAMENTO GERAL TÍTULO I DAS
JOGOS ESCOLARES DE FLORIANÓPOLIS 2015 REGULAMENTO TÉCNICO JESF 2015


Tags: congreso extraordinario, do congreso, congreso, popular, partido, regulamento, extraordinario