USO DO XADE PARA FALTAS DE ALUMNADO E REXISTRO

CEIP HANS CHRISTIAN ANDERSEN PLAN DE CONVIVENCIA FALTAS SANCIONES
COLEGIO VALLE VERDE REGLAMENTO INTERNO DE CONVIVENCIA ESCOLAR FALTAS
CRIMINOLOXIA I ESTUDIO EMPÍRICO NEMOTÉCNICO SOBRE LAS FALTAS Y

FALTAS CONTRA LOS INTERESES GENERALES MALTRATAR CRUELMENTE A LOS
FALTAS DE JOSÉ NAVARRO ESCRICH AL 270212 MI COLECCIÓN
FALTAS Y SANCIONES DISCIPLINARIAS FALTAS Y SANCIONES (CUADRO

USO DO XADE PARA FALTAS DE ALUMNADO E REXISTRO DE NOTAS


Para entrar no XADE debemos empregar o navegador Internet Explorer. Podemos entrar dende a páxina web do noso centro:


USO DO XADE PARA FALTAS DE ALUMNADO E REXISTRO


Para acceder a aplicación temos que identificarnos cos nosos datos do correo electrónico da xunta (…@edu.xunta.es).


Para calquera das xestións (avaliación, faltas, faltas de conducta…) debemos acceder ao grupo de alumnos seguindo a ruta:


Alumnado>Xestión de alumnado> Busca ...


USO DO XADE PARA FALTAS DE ALUMNADO E REXISTRO


USO DO XADE PARA FALTAS DE ALUMNADO E REXISTRO



Rexistro das faltas de asistencia do alumnado


Unha vez feita a busca, premer en Faltas > Rexistro de faltas.

1. Abrirase a ventá pola pestana de “Rexistro de faltas”. Arriba poderá ver a semana actual ou seleccionar a semana que lle interese premendo no calendario.

2. Prema sobre “Modificar” (na parte inferior da pantalla, empregar a barra lateral para baixar).

3. Marque o tipo de falta que vai poñer (vermello: falta de asistencia sen xustificar, verde xustificada...etc.)

4. Prema co rato no check das sesións nas que faltou o alumno esa semana.

5. Prema sobre “Aceptar”.

6. Para pasar a outro alumno prema directamente sobre eél no listado de alumnos.


USO DO XADE PARA FALTAS DE ALUMNADO E REXISTRO


Resumo de faltas do alumnado


Unha vez feita a busca, premer en Faltas > Resumo de faltas

1. Nos calendarios seleccione o período que desexe consultar. Para seleccionar una data faga doble click.

2. Prema sobre o botón “Ver faltas”.

3. Amosarase un resumo das faltas do alumno no período indicado.

4. Para pasar a outro alumno premer directamente sobre él no listado de alumnos.


USO DO XADE PARA FALTAS DE ALUMNADO E REXISTRO


Faltas de conduta do alumnado


Unha vez feita a busca, premer en Faltas > Faltas de conduta.

1. Prema sobre o botón “Engadir”.

2. As faltas xa están tipificadas na aplicación: contraria á norma ou gravemente prexudicial. Introduza a que corresponda e remate de cumprimentar os datos.

3. Prema sobre “Aceptar” para gardar os cambios.



Avaliación


Avaliación inicial1

Unha vez feita a busca, premer en Avaliación >Avaliación inicial

  1. Premer o botón “Modificar” (na parte inferior da pantalla, empregar a barra lateral para baixar), escribir o texto que corresponda.

  2. Premer “Aceptar”.


USO DO XADE PARA FALTAS DE ALUMNADO E REXISTRO


Na aplicación é posible rexistrar datos sobre Desenvolvemento de competencias básicas, Informes previos, Medio sociofamiliar e outras Observacións que se consideren relevantes.

Debe terse en conta que os datos da avaliación inicial quedarán recollidos no informe AL031 Informe aval. final2, necesario para o traslado do alumnado. Existe tamén un informe específico para avaliación inicial (AL007) que recolle unicamente os resultados da avaliación inicial.


1 Este informe só está dispoñible en Xade para educación primaria e ESO

2 O Informe de Avaliación Final, necesario para o traslado do alumnado, inclúe: Resultados da avaliación inicial (Desenvolvemento das competencias básicas e os obxectivos xerais, Informes previos, Medio sociofamiliar e Observacións) e Resultados do Informe de avaliación final (Medidas de atención á diversidade, Avaliación continua, Desenvolvemento das competencias básicas e os Obxectivos xerais e Observacións)


Avaliación Final3

Unha vez feita a busca, premer en Avaliación >Informe Avaliación final


Na aplicación poderanse rexistrar datos sobre as Medidas de atención á diversidade, Avaliación continua, Desenvolvemento de competencias básicas e os obxectivos xerais e Observacións que se consideren relevantes. No caso de 1º da ESO engádese ademais o campo de Valoración do proxecto interdisciplinar.

Debe terse en conta que estes datos figurarán no informe AL031 Informe de aval. final, necesario para o traslado de alumnado.


3 Este informe só está dispoñible en Xade para educación primaria e ESO


Avaliación continua


a - de materias e unidades

Unha vez feita a busca, premer en Avaliación> Avaliación continua.

1. No combo situado na parte inferior da pantalla elixir a avaliación (1ª, 2ª etc.) e premer sobre o botón “Avaliar”. Activarase a columna correspondente e xa se poden introducir as notas.

4. Seleccione co rato na lista que se desprega a cualificación ou valoración que corresponda.

5. Se corresponde introducir medidas de reforzo RE ou adaptación curricular significativa ACS, basta con premer sobre o botón que abrirá a ventá correspondente onde indicar o tipo de reforzo, o profesor asignado e outras observacións. Premer sobre o botón “Aceptar” para gravar a medida. Ao volver á ventá de avaliación o botón terá cambiado de cor: en amarelo se introducimos un reforzo educativo e vermello se é unha adaptación curricular, indicando así que existen medidas de reforzo asociadas á materia.

7. Premer “Aceptar”.


USO DO XADE PARA FALTAS DE ALUMNADO E REXISTRO


b - de capacidades

1. Na mesma ventá de avaliación premer sobre o botón “Capacidades”

2. Abrirase unha nova ventá na que visualizaremos nunha columna as capacidades creadas para ese curso.

3. No lista despregable situada na parte inferior da ventá seleccionar a Avaliación e premer sobre o botón “Avaliar”.

4. Activarase a columna correspondente e xa se poden introducir as valoracións.

5. Ao rematar premer sobre “Aceptar” para gravar os cambios.



Informes


A aplicación dispón dun xerador de informes, que recolle información que puidera se de interese.


Ruta: Informes > Informes Predefinidos > Alumnado


USO DO XADE PARA FALTAS DE ALUMNADO E REXISTRO


Seleccionado o tipo de informe e o alumno ou alumnos dos que precisamos información, temos que escribir un texto identificador do informe e premer “Obter informe”.


USO DO XADE PARA FALTAS DE ALUMNADO E REXISTRO


Para acceder ao informe recen creado premer “Ir ó Buzón” na fiestra emerxente. Se na columna Estado aparece “en proceso” débese esperar un pouco e logo premer “ACTUALIZAR BUZÓN” Cando na columna estado apareza “dispoñible” podemos abrir o informe facendo dobre click sobre él.

USO DO XADE PARA FALTAS DE ALUMNADO E REXISTRO


CÓDIGOS DOS INFORMES

AL002 Acta

AL007 Avaliación inicial

AL009 Boletín

AL010 Boletín cap./uni.

AL016 Historial académico

AL017 Traslado alumnado

AL031 Informe aval. Final

AL050 Acta de pendentes

AL080 Listado cualificacións

AL952 Acta resumo adultos

AL988 Cualificación materias suspensas

AL989 Cualif. Materias

AL030 Faltas detalladas

AL037 Carta faltas

AL040 Parte mensual de faltas

AL075 Faltas por materia

AL076 Faltas por sesión e materia

AL954 Tope faltas

AL965 Faltas de conduta

AL971 Parte diario de faltas

AL981 Parte faltas en branco



Para calquera aclaración sobre o uso do XADE, preguntade a profesora Alejandra Pereira Añón (Matemáticas).


FERNANDO GARCÍA PULLÉS LA DISTINCIÓN ENTRE DELITOS Y FALTAS
IES “EGA” DE SAN ADRIÁN JUSTIFICANTE DE FALTAS DE
JUSTIFICACIÓN DE FALTAS DE ASISTENCIA DE ESCOLARES MENORES DE


Tags: alumnado e, traslado alumnado, faltas, alumnado, rexistro