TÓDOLOS ALUMNOS TEÑEN DEREITO A TER UN USUARIO E








Respecto da súa consulta:


Tódolos alumnos teñen dereito a ter un usuario e contrasinal para acceder a Secretaría Virtual para a consulta do seu expediente. Algúns alumnos que remataron antes do curso 2004-2005 non poderán visualizar o seu expediente por internet porque non está cargado no programa, pero si poderán realizar a solicitude de certificación por esta vía.


Para obter unha clave de acceso á Secretaría Virtual o modo máis rápido é achegarse á aula informática da súa Facultade ou Escola e solicitar ós bolseiros da aula que lle adxudiquen un usuario e contrasinal.


Si por algún motivo non pode ir ó aula de informática pode solicitar a clave por e-mail enviando un correo á seguinte dirección: [email protected] .


Debe cubrir e enviarlles o seguinte formulario:



DESTINATARIO: [email protected]



ASUNTO: Solicitude de envío datos RAI ó meu enderezo.


CORPO: Desexo recibir a carta cos meus datos de RAI.


O meu NIF é XXXXXXXX (INDÍQUE O NIF / NIE COMPLETO)


Enderezo POSTAL completo co seguinte formato:


Nome Apelido1 Apelido2


rúa/ XXXXXXXXX - numero XX - bloque XX - etc,


Código Postal


Concello


Provincia


País



Atención: É moi importante que se ateña ó formato de enderezo que

lle indicamos.








Tags: alumnos teñen, algúns alumnos, tódolos, teñen, alumnos, dereito, usuario